Pregunte: as bibliotecas responden


PREGUNTE: As Bibliotecas responden é un servizo público de información a través de Internet que se ofrece gratuitamente e que ten como obxectivo satisfacer as necesidades e intereses informativos de todos os cidadáns.

Está xestionado de forma cooperativa por máis de 40 bibliotecas e atendido mediante un sistema de quendas. As Bibliotecas Municipais do Forum Metropolitano e Estudos Locais forman parte deste proxecto e son as encargadas de respostar dende a provincia de A Coruña.

Este 2020 cumpre o seu vixésimo aniversario. Constitúe un dos exemplos pioneiros e máis lonxevos de cooperación bibliotecaria no noso país. Desde o ano 2000, en que se puxo a disposición dos usuarios, respondeu a máis de 85.005 preguntas. A Biblioteca Municipal Forum Metropolitano incorporouse a este servizo dende outubro de 2001.

Permite aos usuarios realizar consultas ás bibliotecas participantes a través de dúas modalidades: correo electrónico e chat.

Este servizo atende preguntas sobre calquera materia de carácter xeral, ofrecemos orientación bibliográfica xeral e remitimos aos organismos ou entidades apropiadas.

No seu espazo web tamén se ofrecen ligazóns a recursos en liña para localizar información de interese sen a intermediación dun bibliotecario.

“Pregunte: as bibliotecas responden” impulsa o papel activo das bibliotecas públicas na sociedade da información como centros de información accesible para todos os cidadáns, promovendo con iso a prestación de servizos bibliotecarios mediante o uso das tecnoloxías da información e a comunicación.

CORREO ELECTRÓNICO

O servizo aténdese en calquera das linguas cooficiais do Estado. O tempo máximo de resposta da consulta será de dous días laborables desde o momento do seu envío e será remitida á dirección de correo electrónico que facilite.

Pode realizarse a pregunta en calquera horario, xa que se reciben consultas as 24 horas do día, os 365 días do ano.

CHAT

Esta modalidade permite comunicarse cun bibliotecario en tempo real dentro do horario de atención do servizo (de luns a venres laborables de 10 a 19 horas) e aténdese unicamente en castelán.

Pola dinámica do propio servizo é conveniente concretar a información que necesita. Se necesitamos dunha resposta máis elaborada ou de carácter máis amplo, pode realizarse unha consulta a través de correo electrónico.

Posted on 11 Abril, 2020, in Novas, Xeral and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: