De Posiciones geográficas a Formas de estar lejos


Proseguimos as lecturas no Club dos Luns de Fórum, desta vez con Posiciones geográficas de Suzana Tratnik

Suzana Tratnik (Eslovenia, 1963) é escritora, tradutora, publicista e activista lesbiana. Publicou seis libros de relatos, dúas novelas e unha obra infantil ilustrada, así como un monodrama, unha radionovela e dous ensaios: un sobre o movemento lésbico en Eslovenia e outro sobre literatura lésbica. Recentemente, publicou a autobiografía Lezbičnin aktivizem po korakih (Activismo lésbico paso a paso, 2013) e unha recompilación de ensaios socio-políticos. En 2007, recibiu o premio nacional “Preš eren Foundation Award” de Literatura. Os seus libros e relatos foron traducidos a vinte idiomas.

 

 

Posiciones geográficas é “Una antología de relatos que permite descubrir a una de las grandes escritoras europeas contemporáneas”.

Son relatos que cuestionan os costumes, os roles establecidos, as relacións entre mulleres e a violencia en situacións cotiás. A través da narración queda moi latente a formación de Suzana Tratnik, en socioloxía e antropoloxía que nos convida a reflexionar sobre todas estas temáticas e faino ademáis entrelazando tradición e modernidade.

Non deixedes de ler a entrevista que lle fixeron dende o Club de Lectura LGTB Queeruña

Foi, sen dúbida, o perfecto enlace para chegar a Formas de estar lejos de Edurne Portela.

Alicia, unha muller vasca que emigra a Estados Unidos e alí coñece a Matty, co que emprende unha relación e co que rematará casando. A relación non chega a ser nunca de todo idílica, pero a medida que avanza á monotonía e aos quefaceres dunha vida aparentemente normal vaise sumando a incerteza  e o desasosego que rematan por converterse en medo, porque a violencia comeza a manifestarse na maneira na que máis nos costa recoñecela, de xeito psicolóxico.

Este é o argumento de Formas de Estar Lejos de quen a propia autora manifestou:

 

 

 

 

«Quería explorar como Alicia va permitiendo ciertas cosas que posiblemente si viera escritas no aceptaría, pero que al vivirlas, las normaliza»

Na vida da parella comezan a aparecer os desencontros e as diferenzas. O  éxito na súa carreira como profesora de literatura enche a vida de Alicia pero confronta co desexo de ter fillos que cada vez vai frustrando máis a Matty. Pouco a pouco aparecen a posesión, o control, desprezo e celos na relación; botándolle a Alicia a autoestima polo chan e provocándolle medo. Un aspecto salientable é o feito  de que a autora métese na pel dos dous personaxes principais e aporta así a visión das dúas partes a do agresor e a da agredida. Non xulga, deixa que sexa o lector quen se sinta máis identificado con un ou con outro.

A historia transcorre nun ambiente que a autora coñece perfectamente, pois foi alí, onde Edurne desenvolveu a súa carreira universitaria en Estados Unidos entre 1999 e 2016, máis ou menos os anos nos que ambienta a novela. Un factor que suma máis credibilidade se cabe á narración. Estamos ante unha novela que non sorprende polo que conta, pero si por como nolo narra, centrándose nos pequenos detalles, na aparente sinxeleza e con imaxes moi gráficas que nos levan a reflexionar sobre a responsabilidade que recae nas terceiras persoas que poden chegar a percibir ese tipo de violencia:

Para ella fue fácil ver lo que le estaba pasando a Alicia. Era cierto que Matty no era como su ex, que posiblemente nunca llegaría a extremos de violencia, pero lo que más miedo le daba es que reconocía en Alicia todas esas actitudes que muestran que el maltrato ha hecho su efecto: la paralización, el miedo y las disculpas, asumir que la culpa de todo es suya, ceder ante todas sus presiones”.

 Da realidade da que se nos fala, as consecuencias dunha relación tóxica, ninguén está libre de sufrila en carne propia. Así o quere transmitir a autora outorgando o papel da agredida a unha muller preparada, con estudos universitarios e un bo nivel económico como para levar unha vida independente.  A través da crónica do derrumbe dunha parella, Portela fai meditar ao lector sobre a nosa incapacidade para advertir certos tipos de violencia.

«Hay violencias tan íntimas que a veces ni las reconocemos»

Temas coma o aborto, ETA, o machismo, o racismo, as violacións entre estudantes ou as relacións destes con profesores maiores non son froito da casualidade. Son cuestións de sobra coñecidas pola autora e que introduce na novela para exemplificar outros tipos de violencias silenciosas sobre os que a sociedade debe espertar conciencia e tomar partido.

Edurne Portela

Desenvolveu a súa carreira profesional en Estados Unidos, país no que realizou primeiro un doutoramento en Literaturas Hispánicas na Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill, para despois trasladarse á Universidade de Lehigh (Pensilvania). Ao longo de 13 anos compaxinou o seu traballo docente coa dirección do centro de investigación para as humanidades da universidade ( Humanities Center) e outros postos de xestión académica, ao mesmo tempo que desenvolveu a súa axenda de investigación e publicación.

En xaneiro de 2016 decidiu poñer punto final á súa carreira universitaria nos Estados Unidos e volver a España. Agora adícase por completo á escritura e colabora con medios como El País, Radio Nacional de España, Cadena SER, La Marea. É autora na editorial Galaxia Gutenberg e con ela publicou o ensaio El eco de los disparos: cultura y memoria de la violencia (2016) e a novela Mejor la ausencia (2017) que recibiu o Premio 2018 ao mellor libro de ficción do Gremio das librerías de Madrid. En marzo de 2019 publicou a súa segunda novela, Formas de estar lejos.

Posted on 17 Decembro, 2019, in Club de los Lunes de Forum, Libros lidos, Novela sobre a vida cotiá and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: