Os nenos da varíola: dous clubes, unha lectura.


Por vez primeira na historia dos clubs de lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña, dous clubs de diferentes idades dimos en escoller a mesma lectura. Así, na  Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga  ElClú (xuvenil) e o ClubDL (adultxs) compartimos a lectura da novela de María Solar Os nenos da variola. 

Dous clubs de lectura, dous tipos de lectores e unha lectura en común, imáxinades como puido ser a experiencia?

A autora desta novela, María Solar, compostelana, é  escritora e xornalista, presentadora na TVG e na Radio Galega. As súas obras están dirixidas a todos os públicos, en especial ao infantil e xuvenil, e leva recibido destacados galardóns, como o Premio Lazarillo, o Frei Martin Sarmiento ademáis de entrar na prestixiosa lista White Ravens dos mejores libros do mundo.

A obra, “Os nenos da varíola” editado en galego por Galaxia e en castelán por Anaya, baseáse nunha historia real, a da campaña contra a varíola levada a cabo polo Imperio Español, a chamada ‘Real Expedición Filantrópica da Vacina’. Eso sí, narrada dende unha nova perspectiva, non só a de aqueles que estudaron, investigaron, e crearon esta campaña, se non tamén dende a visión de 22 rapaces, de entre 3 e 9 anos, que fixeron posible que a vacina, á que acababan de bautizar como tal, chegase ao outro lado do Atlántico nunha cadea humana ‘brazo a brazo’ dende un hospicio sito nun pequeno recuncho de A Coruña.

Gracias á labor destes nenos a OMS en 1980 declarou o planeta zona libre de varíola, sendo a única enfermidade erradicada no mundo por unha vacina.

En ambolos dous clubes contamos coa presenza de Antonio López Mariño, periodista e investigador, principal artífice de que a historia recoñecese, con dous séculos de atraso, a figura de Isabel Zendal Gómez como primeira enfermeira da sanidade pública (primeira enfermeira da historia en misión internacional segundo a OMS).

Antonio descubriunos moitísimas curiosidades sobre a varíola e sobre os protagonistas da novela e da expedición. Por exemplo, que na Casa do home, na Domus, hai 22 placas cos nomes e idades dos rapaces, os dos doutores, Francisco Javier Balmis e José Salvany, e como non, o de Isabel Zendal rectora da Casa de Expósitos de A Coruña, que partiron o 30 de novembro de 1803 a bordo da corbeta María Pita con rumbo a América.

No momento no que o club de adultos clubDL estaba a facer a lectura do libro, tivemos a gran sorte de que se inaugurara a rúa ‘Isabel Zendal’ (antes rúa Isabel López Gandalia). Así que Antonio convidounos ao evento. Ese mesmo día puidemos asistir tamén á representación teatral que os escolares de  6º de primaria do CEIP de Baio fixeron da expedición Balmis no Paraninfo da UDC. Unha actividade realizada en colaboración cos alumnos de 3º curso do grado Educación Primaria da UDC e os alumnos de 2º curso  do IES de Zalaeta (antiguo hospicio).

Se te contaxiache coa apasionante historia que protagonizaron estos nenos orfos podes atopar máis información nas Bibliotecas Municipais da rede. Tendes tanto libros de materias como: “A Coruña en la historia de la viruela”, “La vuelta al mundo de la expedición de la vacuna”, “La Real Expedición Filantrópica de la Vacuna” entre outros moitos que atoparedes na biblioteca especializada de Estudos Locais, novelas baseadas nesta historia, como “La soledad de Balmis” de Enrique V. García; e  por suposto “Isabel Zendal Gómez. Nos Arquivos de Galicia” de Antonio López Mariño ; “Ángeles Custodios” de Almudena de Arteaga  ou  “A flor de piel” de Javier del Moro ata o telefilme 22 ángeles, dirixida por Miguel Bardem.

Con esta lectura, comprobamos unha vez máis como é posible que persoas de diferentes idades desfruten dun mesmo libro e coñezan un feito histórico importantísimo que tivo lugar na nosa cidade. O resultado foi tan satisfactorio que coidamos de seguir compartindo lecturas.

E que o ler non ten idade!!

 

 

Posted on 29 Maio, 2018, in Club DL, ElClú, Xeral and tagged , , , , , , , , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Que boa experiencia, compañeiras. A novela é un éxito para todo tipo de públicos, así que debeu ser unha marabilla ese cruce interxeracional de lectoras e lectores! Lembrade que o 9 pódese facer o roteiro coa propia María Solar. O ano pasado estiveramos máis de dúas horas de paseo e conversa pola cidade. Saúdos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

%d bloggers like this: