“El único e incomparable Iván” e os dereitos animais


En ElClú da Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil de Durán Loriga tiñamos unha materia pendente, a de tratar o maltrato animal e os dereitos animais no noso club. Así que para comezar o novo ano metémonos de cheo coa lectura de ‘El único e incomparable Iván’ da escritora Katherine Applegate e ilustrado por Patricia Castelao.

9788494258220O libro conta en primeira persoa (ou primeira persoa non humana) a historia dun gorila de lombo prateado, Iván. Ata aquí a cousa pinta interesante, pero, e se vos dicimos que Iván pasou 27 anos da súa vida encerrado nun centro comercial sen ver a ningún outro animal da súa especie, e vos contamos que Iván existiu realmente, e a historia, aínda que ficcionada, é certa, non tendes escusa para non comezar a súa lectura!

Polo dito ata o momento podería parecer que se tratase dun relato triste, máis sabendo que foi unha historia real, pero non é tal. Iván ten unha perspectiva moi particular do que lle está a acontecer, e hai momentos nos que escachabamos de risa, outros nos que estabamos emocionadísimos, e si, temos que recoñecer que algunha bágoa tamén caeu durante a lectura.

“…Con los años aprendí a entender las palabras de los humanos, pero comprender su habla no es lo mismo que entenderlos a ellos.

Los humanos hablan demasiado. Parlotean como chimpancés, y congestionan el mundo con su ruido, aunque no tengan nada qué decir…”

As sesións que lle dedicamos deron lugar a debates ben interesantes, estivo presente a disxuntiva de si eramos ou non especistas, falamos dos dereitos animais, da Lei de protección animal galega de 2017, coñecimos lugares tan marabillosos como os Santuarios de animais (Vacaloura, Gaia, El hogar animal sanctuary, …) foi un non parar de acordos, desacordos, debates, alegacións… pero sempre con moito respecto.

O broche final veu da man da protectora de animais ‘Gatocán’. Así, o pasado 1 de marzo viñeron a visitarnos Marta Puente (vicepresidenta),  Isabel San Juan (voluntaria) e Paqui (cadeliña acollida por Isabel). Faláronnos da diferenza entre protectora, canceira e refuxio, sobre os datos reais de abandono en Galicia, sobre o que sente un animal cando é abandonado, como é o proceso de adaptación cando chega á protectora, e sobre as opcións de voluntariado/colaboración coa entidade, entre outras moitísimas cousas.

 

E falando de colaboración, como nos soubo a pouco, e sabiamos que esta protectora non conta con outros fondos que non sexan os dos socios colaboradores, ocorréusenos que a biblioteca tiña que estar presente dalgún xeito poñendo o seu gran de area. Así que, dende hoxe, 23 de abril, no panel da entrada da biblioteca, tedes unha pequena mostra literaria así como información sobre que é Gatocán, como podedes colaborar, os peludiños que teñen pendentes dunha adopción, e ademáis unha cesta solidaria na que podedes doar alimento ou mantas á protectora. Esperamos poder recoller moitísimos quilos de alimento!!!

 

 

E recordade, se vos interesa formar parte do noso club, só tedes que achegarvos ao mostrador da Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga, estaremos encantadas de que a familia clubeira siga a crecer. Vémonos nas Bibliotecas!

Posted on 23 Abril, 2018, in A biblioteca recomenda, ElClú, Libros lidos, Xeral and tagged , , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

%d bloggers like this: