Xénero e feminismos nas bibliotecas


xenero e feminismo nas bibliotecasQue ben distinta sería a historia se estivera escrita polas mulleres…

Partindo desta premisa puxemos en marcha un centro de interese sobre Xénero e Feminismos que nace como resposta á crecente demanda cidadá de incorporar aos fondos das bibliotecas un maior número de publicacións relacionadas cos feminismos, as violencias machistas e as diversidades afectivo sexuais dende múltiples enfoques: económico, político, histórico, sociolóxico; así como aumentando os títulos dirixidos a un público infantil e xuvenil que favorezan a ruptura de estereotipos e o recoñecemento das achegas das mulleres á sociedade.

Centro de intere Xénero e feminismos nas Bibliotecas

Centro de intere Xénero e feminismos nas Bibliotecas

Este espazo, que medrará e evolucionará cos anos á medida que se recollan máis achegas das persoas usuarias das bibliotecas, organiza os materiais seleccionados dunha forma alternativa, atractiva e accesible, poñendo os feminismos no centro.

Porque como levamos anos demostrando, a aposta das bibliotecas é a da lectura como ferramenta de aprendizaxe para a transformación social dende o coñecemento, neste caso dos textos fundamentais do feminismo, da reflexión sobre as novas formas de familia, sobre a importancia dos coidados, e sobre daquelas mulleres que cambiaron o mundo…

Que apartados recolle o centro de interese?

Materiais do centro de interese Xénero e feminismos

Materiais do centro de interese Xénero e feminismos

  • O feminismo: teorías e perspectivas que buscan contribuír á construción dun coñecemento máis fondo arredor das relacións e roles sociais entre mulleres e homes desde unha perspectiva feminista e de xénero, pero tamén multidisciplinaria.
  • Educación / cultura / ciencia / arte: documentos que parten do recoñecemento ás mulleres que contribuíron ao desenvolvemento da ciencia, a educación o arte e a cultura ao longo da historia, recoñemento das potencialidades e individualidades das persoas, independentemente do seu sexo e a posibilidade de desenvolver plenamente esas potencialidades mediante o estudo e o acceso á información
  • Violencias: a violencia adopta formas diferentes: a concepción de que o masculino é o centro e a medida de todas as cosas, a invisibilidade da existencia de homes que non se recoñecen  nese rol, o maltrato, a brecha salarial, etc.
  • Xénero: o concepto de xénero diferencia e separa o biolóxico, atribuído ao sexo, do cultural, determinado polo propio xénero. A nosa cultura transformou as diferencias biolóxicas en desigualdades sociais, económicas e políticas tanto cara ás mulleres como aos homes. Por iso,  as políticas chamadas de xénero tratan de cambiar os patróns que a cultura asignou a ambos os dous.
  • LGTBIQ: materiais que cuestionan o imperante discurso heteropatriarcal que presenta a heterosexualidade como necesaria para o correcto funcionamento da sociedade ou como o único modelo válido de relación afectivo-sexual. Podes ampliar esta información na sección As municipais entenden
  • Outros apartados: hai outros apartados como o de economía e traballo, no que se abordan fundamentalmente os estereotipos de xénero no poder, nas organizacións e no traballo. O de sexo e saúde, onde é posible facer un percorrido pola historia da sexualidade, ou aclarar conceptos relacionados coa anticoncepción, a maternidade ou o aborto.

centro de interese xénero e feminismos

Posted on 14 Marzo, 2018, in Novas and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

%d bloggers like this: