O verán que se foi


Sabiades que este foi un verán especial para ‘ElClú’? Xa levabamos un par de aniños facendo quedadas informais, algunha actividade… pero este ano, por fin, decidimos darlle forma e nome as reunións realizadas en tempo de estío, e inauguramos os ‘Veráns con ElClú’.

Cartel 'Veráns con ElClú'

Cartel ‘Veráns con ElClú’

Parecíanos interesante que toda a rapazada que quixese puidese coñecer o que facemos no noso club, axs clubeirxs, e outras formas de pasar o verán que lles podían resultar ben interesantes.

Qué fixemos? Pois programamos 3 quedadas, unha por mes:

En xullo puxémonos moi literarias, e ocorréusenos ir de librarías!

Logo Moito ContoPrimeiro a Moito Conto, onde nos recibiu Esther, que nos explicou un feixe de cousas sobre as librarías independentes, falamos dos libros que máis nos gustaban, esculcamos polos recunchos da libraría… desfrutamos moito. Ademáis Esther nos tiña preparada unha selección de libros xuvenís marabillosos.

Logo Alita Cómics CoruñaLogo, e como sabemos que xs amigxs de ElClú son bos lectores de banda deseña, qué mellor que acercarnos a unha libraría especializada neste tipo de documentos. Sabedes de cal falamos? Claro! Non podía ser outra!

En Alita Cómics Coruña estaba Toño a esperarnos para contarnos moitísimas curiosidades sobre cómics, autorxs dos mesmos, as historias que hai tras eles…

Foto de grupo en Alita Cómics con Toño

Foto de grupo en Alita Cómics con Toño, o seu libreiro

Foi unha mañá moi agradable, e levamos para casa moreas de información destes grandes profesionais libreiros.

En agosto, e para que a rapazada coñecera outros clubs, pensamos en ir a un co que de seguro iamos atinar, O Club de lectura de cómics da Biblioteca do Fórum Metropolitano. O compañeiro Iván tiña preparada unha sesión ben completa para que as rapazas e rapaces desfrutasen aprendendo. Debuxamos, estudamos as ilustracións, metémonos en materia cos tipos de cómics… e… armouse a festa: concursos de mazás, disfraces… As/os clubeiras/os viñeron encantadas/os. Ademáis Iván preparou unha recopilación de banda deseñada xuvenil, e nos ensinou algún dos títulos que se leran xa no club de cómic.

En setembro, quedamos na biblioteca, para coñecernos mellor, falar e rememorar as saídas anteriores, e tamén, como non podía ser doutro xeito, comer biscoito!

Ademais, nas anteriores quedadas propuxémoslle á rapazada que fixesen unha foto dunha lectura de verán que lles deixase bo sabor de boca. Co resultado, creamos unha mostra das recomendacións dos ‘amigos de ElClú‘ no panel de entrada da biblioteca.

E isto foi todo o que deixou tras de si os ‘Veráns con ElClú 2017’. Queremos agradecer sinceramente ás librarías Moito Conto e Alita Cómics pola cálida acollida, por facilitarnos en todo momento a irrupción no seu traballo, polo trato, e porque fan unha labor literaria esencial nesta cidade. Longa vida ás librarías!

Por suposto, mil grazas á Biblioteca do Fórum por cedernos o espazo, e as compañeiras e compañeiros, especialmente ao biblioclubeiro Iván, por facernos partícipes de todo o seu saber e por conseguir que gozásemos duns momentos divertidísimos e cheos de sorpresas. Es un fenómeno compañeiro!

E como non podía ser doutro xeito, graciñas tamén ás nais e pais destas rapazas e rapaces estupendas/os por deixar que as amigas e amigos de ElClú formasen parte dunha experiencia coma esta. Para eles e para todos vós, aquí queda un vídeo resumo deste verán clubeiro excepcional.

Vídeo resumo 'Veráns con ElClú'

Agora só nos queda convidar a toda a rapazada de entre 12 e 16 anos a embarcarse nesta aventura clubeira. O prazo de inscrición está aberto na páxina web das Bibliotecas, e agardamos con emoción a intrépidos novxs clubeirxs dispostxs a desfrutar de lecturas, compañía e moita maxia neste próximo curso 2017-18. Vémonos os xoves cada 15 días de 18,30 a 20 h. Esperámosvos!

P.D.: E, por certo, se vedes que xa só quedan prazas libres na lista de agarda, anotádevos igualmente, nunca se sabe o que ElClú está a maquinar…

Posted on 13 Outubro, 2017, in A biblioteca recomenda, Actividades do club, Clubes de lectura, ElClú, Libros lidos, Xeral and tagged , , , , , , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: