Encontro con María Reimóndez na Biblioteca Os Rosales


Cartel do encontro con María Reimóndez na Biblioteca Os Rosales o 24 de outubro

Nunha semana teremos o esperado encontro dos clubs de lectura “Café con libros” da Biblioteca Os Rosales coa escritora, traductora e activista María Reimóndez. O luns, 24 de outubro, Día das Bibliotecas, teremos a oportunidade de conversar cunha das autoras máis prolíficas das nosas letras.

Nos clubs de lectura xa limos e comentamos en cursos pasados “O club da calceta” pero non deixamos de ler a María Reimóndez con obras como: “Pirata”, “En vías de extinción”, “Dende o conflito”, “A música dos seres vivos”, ou a súa recente “A dúbida”. Falaremos de toda a súa traxectoria, adicada á novela, á poesía, á traducción, ao ensaio con temas como o feministo ou a busca de alternativas ao desenvolvemento pero tamén da súa faceta adicada á literatura infantil e xuvenil.

Trátase dunha actividade moi desexada por todas nós, xa que dende o 2004 que a comezamos a ler xuntas, non deixamos de seguirlle a pista de todo o que escribe. Será unha oportunidade única para conversar. A entrada é libre ata completar a capacidade. Animádevos a acompañarnos neste encontro!

Posted on 17 Outubro, 2016, in Actividades do club, Club Os Rosales and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Ola!, boas tardes a todos e a todas. Acabo de ler “O Club da calceta”, gustoume moitísimo, sentinme totalmente vencellado coas mulleres “calceteras”, pero teño unha dúbida: Os homes que morren nos “accidentes” en realidade son asasinados por elas?, daquela, non foron accidentes, non é?.

    Ben, unha aperta para todo o mundo!

    O meu nome é Ernesto, e son madrileño, biquiños.

  1. Pingback: As novelas máis prestadas na Biblioteca Os Rosales durante o ano 2016 | Blogs Clubs Lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: