Guía de lectura: Os mellores do humor
Moitas veces minusvalorado pola crítica especializada, o xénero humorístico estivo sempre presente na literatura: dende a Antigüidade (Aristófanes, Petronio…) ata a actualidade (Thom Sarpe, Darío Fo, Cunqueiro…) grandes autores de todos os tempos fixeron do humor un un compoñente básico das súas obras (Cervantes, Quevedo…)
Humor absurdo, satírico, negro… o humor axúdanos a entendernos a nós mesmos, a comprender mellor o mundo, e a intentar cambialo. Algo moi poderoso ten o humor que poucas veces gusta aos que mandan!!
Por iso, se o que queres é pasar un bo rato, só tes que pasarte pola Biblioteca Ágora para atopar os Mellores do humor e levar os libros a un deses marabillosos sitios os que irás este verán. E, si non podes esperar a vir a biblioteca podes ir abrindo boca coa nosa guía de lectura
Guía de lectura

Descarga aquí a Guía de Lectura Os Mellores do humor
E, recorda!! O humor prevén os infartos, rexuvenece a pel, reduce o insomnio, alivia a depresión, suaviza o estrés, combate medos e fobias, potencia a creatividade, facilita a comunicación, reforza a autoestima…
Para ver outras Guias de lectura de Os Mellores, pincha aquí
Posted on 1 Xullo, 2015, in A biblioteca recomenda, Novela de humor and tagged #recomendamosbmc, bagora, Biblioteca Agora, guias de lectura, Humor, mostras, muestras, os mellores, os mellores de, recomendaciones. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0