Un club en tons cálidos.


Un fotocol  é unha maneira como outra calquera no noso tempo de amosar a nosa propia identidade, nun sentido máis amplo, é Fotocol do CLXQ+unha forma de amosarnos cara o mundo, de existir, como decía Hannah Arendt no seu libro La existencia humana. Esta forma de amosarno diante do espello que somos cada un-ha de nós permítenos sorrir, abrazar, ou amosar ledicia ao compartir tempo con quen queremos facendo unha determinada actividade. No noso fotocol facémolo, amosamos as nosas identidades como son, diversas, diferentes.

Mais non sempre é así, e o cómic El azul es un color cálido, de Julie Maroh, xa nolo amosou na súa historia e nos comentarios que xerou unha historia cun trasfondo que por tráxico parece inverosímil e por habitual case pode ser da vida cotiá. A LGTBfobia segue a xerar dramas personais, infernos do día a día que non permiten acadar a felicidade plena, e polo tanto, no #CLXQ+ decidimos sobrevoar as diferentes formas de achegarse a un tema que na idade das nosas clubeiras é tan importante que pode marcar unha vida. O dereito a ser visible, a definir a nosa propia identidade, sair de armarios diversos, rachar con etiquetas e estereotipos e autodeterminarnos coma persoas.

Así, como parte de dous ámbitos diferentes da mediación, as Bibliotecas Municipais como mediadores culturais e os Centros Quérote+ como mediadores sociais, tivemos onte unha sesión do noso Club de Lectura Xuvenil Quérote+ na que empregando material da FELGT e as historias de Carol e Guille, material da nosa propia experiencia e todas as ideas preconcebidas que sobra mencionar na sociedade, fixemos do noso espazo na biblioteca un  lugar libre de homofobia esperando que da análise dun cómic, cheguemos a un cambio no mundo real.

Posted on 6 Febreiro, 2015, in Club Ágora, Quérote+ and tagged , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

%d bloggers like this: