Presentación da novela xuvenil Reo de Xesús Fraga na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil


Presentación da novela xuvenil Reo de Xesús Fraga

 

.: Luns, 15 dec | 19:00h na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil :.

Encontro con Xesús Fraga para falarnos da súa última novela xuvenil “Reo” da Editorial Galaxia. Esta novela foi gañadora do Premio Raíña Luga de Literatura Xuvenil 2013

A dito encontro virá acompañada polo grafiteiro GarOne protagonista deste Booktrailer

Sinopse:

Reo é unha novela que trata de pescudar nas razóns que poden levar a un adolescente de hoxe a investir horas e horas do seu tempo na actividade ilegal de escribir o seu nome no maior número de lugares da sua cidade. A historia dun rapaz e a súa teima secreta, na que canaliza o seu extraordinario talento natural para o debuxo. Pero tamén é a historia dun rapaz que ten dúbidas sobre o seu futuro, que quere axudar aos seus amigos en dificultades e que vive os efectos da crise no corazón do fogar. Porque aínda que Reo sexa, para os grafiteiros, o rei da cidade, no fondo é un rapaz calquera dun barrio calquera. Podería ser o voso veciño.

Ademáis da presentación haberá tamén tempo para a firma de exemplares por parte de Xesús Fraga. Será unha tarde xenial e cargada de sorpresas!!!

Agardámosvos a todos e todas na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil o luns, 15 de decembro ás 19:00 horas!!!

About gcarballeira

Ho Chi Ming!

Posted on 13 Decembro, 2014, in Xeral. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

%d bloggers like this: