A escrita que fala coa realidade


Nos pasados meses na Biblioteca Ágora tivemos ao servizo das e dos usuarios a mostra bibliográfica Libros #para cambiar o mundo, conformada por obras de diferentes autores cunha intencionalidade común: a de deitar a súa mirada literaria sobre a realidade social da súa época e as posibilidades de a mudar no camiño da xustiza e da igualdade.

Nesas datas tamén desde o suplemento Babelia do xornal español El País se trataba o tema cun especial que trataba esta cuestión, tomando como punto de partida o éxito de Rafael Chirbes en 2013 coa novela En la orilla.

La crisis económica ha abierto un hueco en las librerías a novelas, ensayos y poemas atravesados por el paro, los desahucios o la precariedad laboral. Entre ellos emerge casi como un emblema la última novela de Rafael Chirbes, En la orillamejor libro de 2013 para varios periódicos españoles —éste incluido— y reciente premio Nacional de la Crítica. Sorprendido de su propio éxito, el escritor lo atribuye a la desolación y el cabreo de la gente: “En momentos menos feroces me verían como a un peligroso radical”. 

4709370 acusacion_xiana_arias   porca-terra

No noso caso, a pretensión da nosa mostra ficaba expresada desde o inicio dun xeito que queríamos fose a un tempo comprensible e aberto.Deste xeito preguntabamos aos usuarios, e a nós mesm@s, pola capacidade real da literatura, da escritura, para modificar a realidade e transformar as nosas vidas.

É a literatura unha fronte máis na loita polo cambio social? Debe a literatura comprometerse na mellora da sociedade, poñerse ao lado dos humildes, dar voz ás causas xustas que necesitan ser divulgadas? Na mostra “Libros para cambiar o mundo” simplemente nos achegamos a obras -novela, poesía, teatro, cómic- que hoxe en día removen a conciencia dos lectores e non rexeitan a intervención social, ben sexa a través dos temas que tratan ou das intencionalidades últimas que manifestan.

A posibilidade de interacción coa nosa proposta obtivo respostas por parte de autores e autoras do noso sistema cultural a través das redes sociais. Algúns deles mesmo realizaron as súas recomendacións particulares para a mostra. Martin Pawley, por exemplo, fixouse nas obras La princesa manca de Gustavo Martín Garzo, A illa de todas as illas de Xabier P. Docampo, Oliver Twist de Charles Dickens ou o Decamerón de Bocaccio. María Reimóndez, pola súa parte, animaba á lectura de Despois da medianoitede Salma  e de Aquel lugar de Antía Nara.

 

032b2cc93620121127120517   mudar

 

As relacións entre literatura e cambio político e social foron tamén abordadas na mostra, e para iso recomendamos obras ensaísticas como:

Un pistoletazo en medio de un concierto. Acerca de escribir de política en una novela(Editorial Complutense). Belén Gopegui

Ahí es nada. Nuevos ensayos sobre el mundo y la poesía y el mundo (El Gallo de Oro). Jorge Riechmann

Todo lo que era sólido (Seix Barral). Antonio Muñoz Molina

 El asco indecible (Pamiela). Miguel Sánchez-Ostiz

 Rosto negro. O contexto das literaturas africanas (Laiovento). Francisco Salinas Portugal.

 Literatura de resistencia (Laiovento). Bárbara Harlow.

La batalla de los intelectuales (Hiru). Alfonso Sastre.

 

Finalmente, canto ao propio préstamos de obras incluídas na mostra, facemos notar as obras que, con catro préstamos cada unha, máis lecturas tiveron nos dous meses de duración da nosa actividade:

 La soledad del corredor de fondo, Allan Sillitoe

Opiniones de un payaso, Heinrich Boll

Arrancad las semillas, fusilad a los niños, Kenzaburo Oé

Las uvas de la ira, John Steinbeck

Non pretendemos con este breve post máis que convidar ás lectoras e lectores deste blog a que continúen pola súa conta coa procura e recomendación de textos que se poidan integrar nesta agra aberta da literatura que non pecha os ollos á realidade social deste tempo.

Con dizir flama non se quema la boca, dicía o refrán sefardí, e é certo. Non poderán as palabras substituír aos feitos, mais acreditamos igualmente no poder creador e transformador da palabra e partimos dela como motor necesario da humanidade para manchar as mans en favor dos humildes. Sen dicilas, as cousas non existen. Un mundo mellor, máis xusto, é posible e é necesario, e hai quen na escrita busca achegarse a esa tentativa.

About xavier campos

Traballo na Biblioteca Ágora, da Coruña. Interésame todo o que ten a ver coa cultura como ferramenta para o cambio social. Creo nunha Biblioteca que mire máis alá de si mesma.

Posted on 26 Agosto, 2014, in Xeral and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: