Actividades para o Día do Libro 2014
Un ano máis as Bibliotecas Municipais da Coruña non podemos deixar que pase o 23 de Abril sen honrar como se merece ó libro e a lectura. Este ano, ademáis de adicar un especial á literatura en galega, onde recomendamos libros e autores contemporáneos que podedes atopar nas nosas bibliotecas, imos volver demostralo coas seguintes actividades que se desenvolverán nas nosas bibliotecas.
Tomade nota:
-
21 de Abril (12-12.40 h. en Twitter): Tuit-encontro con Laura Freixas: a escritora Laura Freixas (@LauraFreixas en twitter) estará ó outro lado da pantalla, dende a conta de Twitter de Bibliotecas Municipais @bibcoruna lideraremos o encontro que pode seguirse a través dos hashtag #tuitencontros e #laurafreixasbmc. O encontro estará aberto a calquera persoa que queira interactuar e trasladarlle á escritora as reflexións, dudas ou preguntas das súas obras. Unha oportunidade única para charlar en torno á obra Madres e hijas así como dalgún dos últimos libros desta escritora como son Los otros son más felices ou Una vida subterránea.
- 22 de Abril 19.00 horas na Biblioteca do Forum Metropolitano: Recital de Poesía de Lucía Aldao e María Lado: Con dez poemas por barba: Aldao e Lado presentan un recital de poesía ameno, dotado de ritmo e comunicación aberta co espectador, no que este adquire ademais un papel activo. Durante o recital hai música en directo, xogos, historias, momentos de reflexión…
Lucia Aldao e Maria Lado. Imaxe tomada do blog de Xoán Crespo
- 23 de Abril na Biblioteca do Forum: Atreveste a ler El Quijote? Gozaremos coa lectura da obra de Cervantes, no seu contexto histórico e literario coma unha homenaxe á novela.
-
23 de Abril entre ás 11.30 e ás 18.30 horas nas Estacións de Tren e Buses: As bibliotecas agasallan libros nas estacións de tren, buses e aeroporto
Disfrutade deste 23 de abril, Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor o cal desde a súa declaración pola UNESCO en 1995, aglutina moitas vontades, como a da Directora Xeral da UNESCO, Irina Bokova quen, na súa mensaxe para este ano 2014 afirma:
«…A nosa finalidade está clara: alentar aos autores e artistas e velar por que a alfabetización e os formatos accesibles cheguen a máis mulleres e homes, porque os libros son as nosas ferramentas máis poderosas para erradicar a pobreza e construír a paz.»
Posted on 20 Abril, 2014, in Novas, Xeral and tagged Día del libro, Día do libro. Bookmark the permalink. 1 comentario.
Pingback: Los libros y la Lectura nos inspiran… | Bibliosons