Conferencia de Nazanin Armanian, na Biblioteca Municipal Ágora


O xoves 24 de outubro ás 20.00 horas, Nazanin Armanian impartirá a conferencia “La primavera árabe se marchitó para la mujer” na Biblioteca Municipal Ágora.

Nazanin Armanian

Nazanin, experta en temática árabe e columnista no diario dixital Público.es, falaranos sobre a chamada Primavera Árabe e as expectativas truncadas que supuxeron eses procesos de revolta política en relación coa situación da muller. A charla organízase dende Amnistía Internacional, en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña. Sobre Nazanin podedes descubrir moitas máis cousas e ben interesantes na súa páxina web.

Nas Bibliotecas Municipais podedes atopar unha gran variedade sobre a cultura e o mundo árabe, dende literatura, ensaio, música e banda deseñada ata cinema. Algúns destes materiais podedes velos na nosa galería fotográfica en Flickr sobre o Mundo Árabe.

Ao fío da conferencia destacamos especialmente as seguintes obras:

— Ben Jellou, Tahar. La primavera árabe: el despertar de la dignidad. Madrid: Alianza, [2011].

— Amin, Samir. ¿Primavera árabe?: el mundo árabe en la larga duración. [Barcelona]: El Viejo Topo, [2011].

Agardámosvos este xoves na biblio para escoitar a Nazanin, abofé que será unha charla moi interesante!

About nmartinezrey

Creo firmemente no poder transformador da sociedade que teñen as bibliotecas e a lectura, por iso desenvolvo a miña labor profesional como bibliotecaria. Motívame especialmente a aprendizaxe continua, o que me levou a formarme en áreas como bibliotecas escolares, community management e coaching.

Posted on 21 Outubro, 2013, in Novas and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Hola. Me encantó la conferencia de Nazanin, el el Ágora.
    La admiro por su valentía e inteligencia. Me llena de satisfacción su capacidad de transmitirnos a nosotros y a todo el mundo, este problema tan grave para las mujeres y en general a la población civil de los países, que por culpa de sus mandatarios, sufren en carne propia el terror de las guerras. Animo y sigue así, valiente.
    Un saludo

  2. Dende as Bibliotecas Municipais da Coruña agradecemos moito a túa opinión e estamos encantados de que tivese tan boa acollida a conferencia de Nazanin, abofé que foi unha charla moi interesante.

    A partir de mañá estarán dispoñibles na nosa conta en Flickr as fotos do evento e lembra que nas biblios temos unha ampla variedade de materiais sobre a cultura e o mundo árabe. Se che interesa especialmente a vida, obra e actividade de Nazanin tamén podes consultar a súa páxina web: http://www.nazanin.es/.

    Recibe un cordial saúdo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: