Premios AELG2013


A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) é a entidade oficial que reúne máis de 415 escritores e escritoras da literatura galega en todas as súas manifestacións: poesía, narrativa, teatro, ensaio, escrita científica, traducións…

Foi fundada no ano 1980 por algúns dos escritores máis sobranceiros da nosa historia literaria e dela foron membros Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste, Ánxel Fole, Ricardo Carvalho Calero, Uxío Novoneyra, Antón Avilés de Taramancos, Manuel María, Xela Arias e Luisa Villalta, entre outros.

A AELG destaca por ser  un dos órganos instituídos pola Academia Sueca con competencia oficial para presentar candidatura aos Premios Nobel. Forma parte do European Writers’ Congress.  

Como cada ano a AELG  ven de entregar os seus premios. Nesta ocasión foi o centro Ágora da Coruña quen acolleu a Gala das Letras o pasado sábado  onde se deron a coñecer os galardóns deste ano.

Entre os premiados destaca a novela Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño que se está a  apousentar como unha das obras máis exitosas das nosas letras no último ano.

Morgana en Esmelle é unha reflexión en torno á responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos. Sacrificada na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana interróganos sobre a lexitimidade das nosas razóns; mais, acaso a súa condición de vítima faina máis inocente?

Canda ela Ana Romaní levou o premio ao xornalismo cultural, Ledicia Costas o da literatura infantil e xuvenil con O corazón de Xúpiter, e Franciso Pillado o de teatro pola súa coordinación no volume colectivo Banqueiros. Darío Xohán Cabana foi recoñecido pola súa tradución o Cancioneiro, seguido das Rimas dispersas de Petrarca, mentres que o premio de Poesía foi Ex-Aequo para Boca da cobra, de Francisco Salinas Portugal,Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro.

Non esquezas que moitas destas obras podes atopalas nas Bibliotecas Municipais da  Coruña.

corazon de xupiterondeomundo1330693356morgana_en_esmelle

camisas 2EDICION.fh11

Posted on 7 Maio, 2013, in A biblioteca recomenda, Obras and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

%d bloggers like this: