Encontro con Nieves Abarca, autora de “Crímenes Exquisitos” no Forum


Este xoves 18 ás 19.30 horas na Biblioteca do Forum, teremos a oportunidade de charlar con Nieves Abarca, autora de “Crímenes exquisitos”,  publicado por Ediciones Vértice, narra a historia do peculiar crime de Lidia Naveira:

unha moza galega que desaparece unha mañá de xuño antes de ir a clase. A primeira ollada, unha historia dun asasinato como outro calquera. Pero non é así: aparece vestida de noiva, ramo de flores -e que flores- incluído, flotando nas augas do parque de Eirís. Pálida, como a neve recentemente caída, Lidia evoca algo, pero que? 
Javier Sanjuán, criminólogo reputado, dará coa clave nada máis ver as fotos que a inspectora que se encarga do caso, a moza Valentina Negro, ensínalle tras unha conferencia: o asasino, ao que alcumarán máis tarde “El Artista”, recreou unha famosa obra de arte do século XIX, a Ofelia de John-Everett Millais.

Ofelia muerta de Millais

Ofelia muerta de Millais

A obra que xa foi lida polos nosos Clubes de lectura, acadou unha gran acollida entre o público, e no noso blog podedes ler algunhas reseñas e comentarios dos lectores e lembrade que o libro está dispoñible nas nosas bibliotecas.

Posted on 15 Abril, 2013, in Actividades do club, Escritores, Novas and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: