Novidades das Bibliotecas Municipais no Pinterest
Nas Bibliotecas Municipais non deixamos de experimentar con ferramentas novas na web, sempre coa intención de achegarvos información de utilidade. Xa levamos un tempo usando e probando o Pinterest, e dende fai poco decidímonos por esta páxina para mostrarvos por Internet os carteis coas novidades que vedes por entre as nosas estanterías.
Neste mes de abril podedes ver un exemplo, coas novidades que incorporamos ás nosas coleccións, non só novelas, senón cine, música, cómics…
Anotade moi ben entón a nosa páxina de novidades no Pinterest, porque sempre imos ir subindo os títulos que incorporamos ás nosas coleccións. Así xa podedes velos comodamente dende as vosas casas, antes de achergarvos ás Bibliotecas: pinterest.com/bibcoruna
Posted on 1 Abril, 2013, in Novas and tagged Novidades. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0