Día Internacional das mulleres


Dende Virginia Woolf a Erika Lust pasaron moitos anos, moitas letras, moitas follas cheas de palabras e temáticas diversas cun denominador común: ter que enfrentarse a un mundo masculino, masculinista e dominado pola ideoloxía patriarcal tradicional. Loitar contra cánones, loitar contra a discriminación sufrida personalmente como as segundas, as relegadas á sombra dos homes, na sombra perpetua de quen é dominada por unha historia que sempre foi escrita polo poder do que Beatriz Preciado, filósofa, chama bio-home.

Pero non só escritoras senón tamén as noas avoas, as pintoras, as científicas, as nosas tías, as activistas, as revolucionarias, as migrantes, as nosas nais, as nosas amigas, nós independentemente do noso xénero… Como parte da colectividade social, celebramos a historia deste 8 de Marzo como día simbólico no que denunciar o que sucede durante o resto do ano, a historia dunha subordinación sin sentido contra a que loitar día a día, 365 días ao ano, e non só este día conmemorativo das moitas figuras que alzaron a voz ao longo da historia.

Por todo eso, a nosa invitación a achergarvos ás Bibliotecas Municipais da Coruña, coñecer o traballo de escritoras clásicas como a nosa Rosalía de Castro, as vidas de poetas activistas como Audrey Lorde ou de filósofas contemporáneas que loitan contra a dominación que o ser humán exerce sobre a nai Terra, como é o caso de Vandana Shiva falando do ecofeminismo. Queremos facer visible o invisible da discriminación para así rodeala, saltala e deixala fora e lonxe das nosas vidas.

A loita das mulleres é a loita de todas as persoas, e que mellor que conseguir abrir a mente gracias a abrir un libro…Vide, compartide, disfrutade, e sobretodo, celebrade con nós este novo día contra as desigualdades.Image

Posted on 8 Marzo, 2013, in Efemérides and tagged , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

%d bloggers like this: