Nas bibliotecas adicamos este mes a homosexualidade


As bibliotecas municipais da coruña entendenOs fondos das bibliotecas son (e deben ser) un fiel reflexo da sociedade e moi especialmente das comunidades ás que prestan servizo de proximidade. Como bibliotecas e bibliotecarios, debemos ser partícipes, e mesmo impulsores, dos procesos de erradicación de toda manifestación excluínte, optando sempre por unha vía integradora da diversidade.

Calquera persoa que se achegue a unha biblioteca pública buscando información sobre o feito homosexual, bisexual e transexual require de nós unha resposta eficiente. Esta resposta debe traducirse nunha integración total de materiais que toquen a temática LGTB nas nosas estanterías e, ademais, no ciberespazo.

É por isto último que durante o mes de xuño, e con motivo da celebración do día do Orgullo LGTB, apoiando a mostra presencial Entendes? que podese consultar na Biblioteca Municipal Castrillón, preparamos unha escolma de música, cine, literatura, etc., accesibles dende Internet para contribuír e apoiar á comunidade LGTB na súa loita polo respecto.

Nos nosos blogues podedes leer polo de agora sobre este tema:

Posted on 21 Xuño, 2012, in A biblioteca recomenda and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

%d bloggers like this: