Divorcio en Buda de Sandor Marai


Un divorcio, para un maxistrado especialista en procesos matrimoniais, non debería resultar un problema, nin un sobresalto, de non ser que un dos nomes dos cónxuxes lle resulte estrañamente familiar.

Se para o estricto e cuadriculado xuíz Kristof Komives, entender a fin dunha parella é algo dificultoso, debido á súa férrea educación nos valores máis tradicionais, entender a disolución dunha parella coñecida supón un verdadeiro disturbio na súa vida lineal e meticulosa.

O nome dela, de Anna Fazekas, coñecida da súa xuventude, chega a través dunha demanda de divorcio para facelo dubidar sobre os principios sobre os que Kristof veu desenvolvendo o seu carácter para gozar dun estatus case que herdado dunha estensa caste de xuíces e homes rectos de moral implacable. Anna, o recordo de Anna, incomódao e interrógao, faino contrapoñer os seus valores con aqueles que se estilan no momento en que flúe a historia, como flúe o río Danubio dividindo Buda e Pest como dous contrincantes.

Así define Marai Buda como un lugar máis estricto e aristocrático que Pest, máis viva e relaxada, cambiante e con tendencia a asimilar as novidades e disfrutalas, mentres que Buda, altiva e históricamente máis rica e beneficiada, vive con tirantez os cambios, o paso do tempo. Así como Kristof e Imre Greiner, o médico, o home de quen Anna quere divorciarse.

A vida tranquila e intachable deste xuíz vese interrumpida, mudando o transcurso da súa narración, cando o doutor Greiner o espera, nervioso, no seu salón, cando recén chegado dunha festa, non quere deixar pasar a oportunidade de confesar que vén de matar a Anna, de deixala morrer, querendo confesar unha culpabilidade que o leva a falar sen piedade do seu pasado, mentres ao mesmo tempo crea unha busca do pasado paralelo na mente de Kristof, que o escoita escéptico, mentres trata de achar puntos en común entre a narración do médico e a súa primeira confesión.

Anna está morta, e entre os dous repártense a súa vida, o seu pasado, as anécdotas de cómo teñen coincidido con ela e tomado as decisión que os levaron ao presente: ao xuíz a pasar de largo dun par de veladas de charla e olladas inofensivas, e ao médico a casar e someter aos ciumes e a posesión até os puntos máis recónditos da mente de Anna. Todos os recantos agás un: os seus soños.

Posted on 20 Marzo, 2012, in Club Monte Alto, Libros lidos, Obras and tagged , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: