Novidades en galego nos vindeiros meses


Xerais publicará máis de 30 novidades impresas, nos eidos da edición literaria, infantil e xuvenil e referencia. Entre eles estará un groso Dicionario xurídico galego, coeditado coa SXPL e Rexurga; unha novidosa Xeografía de Galicia de máis de medio milleiro de paxinas; un volume doutras tantas que reúne todos os contos de Manuel Rivas ou as novidades narrativas de Agustín Fernández Paz, Fran Alonso, Pere Tobaruela,Luís Rei Núñez, María Xosé Queizán e Xavier Queipo co seu agardadísimo Extramunde, Premio Xerais de novela.

A Editorial Galaxia tirará en breve do prelo Laura no deserto, o regreso de Antón Riveiro Coello, e Contos da terra da tarde, de Bieito Iglesias.

Estas apostas literarias completan, no eido narrativo, o importante capítulo de traducións dos clásicos contemporáneos que vén sendo seña identitaria do selo editorial dende hai moito tempo. Así, na primeira semana de outubro sairá ao mercado a terceira entrega de 1Q84, de Haruki Murakami. Igualmente, continuaremos coas traducións da obra do Nobel turco Orhan Pamuk con O libro negro. Recentes, aínda, as publicacións de A verdade sobre Marie, de Jean-Philippe Toussaint, e C, de Tom McCarthy.

Rinoceronte aposta por formatos electrónicos coa presentación

Posted on 10 Outubro, 2011, in Novas and tagged . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Probando os comentarios

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: