A biblioteca recomenda: John Berger


John Berger 
John Berger, escritor nado en Londres no 1926, iniciou a súa vida profesional como pintor e profesor de debuxo. As marcas da guerra no futuro incerto do seu pai, o radicalismo político postergado da súa nai e a dureza da escolaridade británica fixérono anarquista aos quince anos, desertor do preparatorio de Oxford ao dezaseis, e alumno rebelde máis tarde na Escola Central de Belas Artes. Despois do fin da guerra, a súa fe marxista, outra escola de arte, esta vez en Chelsea con profesores artistas como Henry Moore, e o primeiro oficio, unha columna semanal de crítica de arte no New Statesman e o Tribune, editado por George Orwell. A súa primeira novela, Un pintor de nuestro tiempo, foi duramente criticada pola súa aparente simpatía cos dirixentes húngaros prosoviéticos; e o seu ensaio Modos de ver, libro de referencia para toda unha xeración de historiadores de arte, foi un éxito inesperado. Recibiu Premio Booker o pola súa novela G, doando os seus beneficios en parte ás Panteras Negras. Máis tarde exiliase definitivamente no continente europeo, nunha pequena comunidade de campesiños nos Alpes e actualmente dividide a súa vida entre un suburbio de París durante o inverno e o pobo alpino no verán. As novelas de Berger falan dunha dialéctica moderna implacable entre memoria e perda, progreso e nova barbarie. A súa triloxía , De sus fatigas, composta de Porca Terra(1979), Una vez en Europa(1983) e Lila y Flag(1990), é unha estendida meditación sobre o camiño do campesiño que cambia unha pobreza por outra na cidade. A súa novela máis recente, De A para X : Una historia en cartasm, Berger escribe con profundidade e precisión acerca da liberdade, a esperanza, o poder e o amor, e o terrible anhelo que nos invade cando nos arrebatan ao ser amado. Na actualidade é un dos novelistas e ensaístas máis orixinais e revelantes do mundo anglosaxón.
 
  

Posted on 10 Outubro, 2011, in A biblioteca recomenda, Escritores and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s