Pantaleón ou O sentido do deber


Se anteriormente en La ciudad y los perros, Mario Vargas Llosa xa facía un retrato pormenorizado da vida e da disciplina militar, en Pantaleón y las visitadoras revisita o tema. Criticado, censurado e cuberto de improperios trala publicación da súa primeira novela, para a que empregou todo o seu coñecemento, derivado da experiencia, das academias militares e a vida castrense, desta vez saiu trunfante, sen sequera ter máis que mudar o aspecto da súa crítica, xa que o tema é o mesmo.

En comparación, as dúas novelas poñen ao mesmo nivel os aspectos fundamentais do argumento: a crítica de todo o que arrodea o militar; mais, en La ciudad y los perros, esa amargura que arrastra o autor por todo o vivido na escola militar produce un sentimento aínda máis profundo de deshumanización. En Pantaleón y las visitadoras todo vai por outro camiño: o da ironía e, por aquí, depende da pericia do lector o entender o acedo humor e, levantándoo un pouquiño coa unlla, ver toda a seriedade que se remove embaixo.

O argumento é simple: Pantaleón Pantoja, capitán do exército peruano destinado á rexión da Amazonía, ten que cumprir un encargo: crear un servizo de prostitutas, regulado e en perfectas condicións administrativas, hixiénicas e de infraestuturas, para poder satisfacer a alta demanda de “consumicións sexuais” dos soldados, xa que nos últimos tempos, a desaforada paixón que desata a temperatura da selva, fai que estes procuren alivio en calquera lugar, subindo o número de violacións, embarazos non desexados, abortos, matrimonios amañados -ademais de algunha que outra perversión-.

Pantoja, home rigoroso e puntual en todo o que fai, e aínda contra os seus principios morais, procura unha investigación de campo para crear un estudo de mercado que lle permita fundar a sección de visitadoras, que cumplirá a tan necesaria función. Coa axuda dunha madama experimentada e algunhas das máis coñecidas “lavandeiras” e prostitutas da rexión, crea unha engranaxe perfecta, sistemática e discreta, que mesmo parece inmune a todas as críticas, incluídas as dos máis altos cargos da escala militar.

A dedicación do capitán Pantoja ao seu traballo lévao a pormenorizar cada aspecto do asunto, a perfeccionalo até un punto case traxicómico que desemboca nos seus cambios de carácter, a perda da súa familia, da fama de home de ben, e incluso do rango de capitán. A caída en deshonra de Pantaleón é inversamente proporcional á subida de efectivos, servizos, aceptación e fama das visitadoras. Pero, o seu carácter aínda se desestabiliza máis cando fai a súa proposta de adhesión a “brasileña”, exótica muller que enfrontará dous mundos: o do deber e o do pracer.

Ao mesmo tempo, unha secta de fanáticos relixiosos, a Irmandade da Arca, crea un contrapunto na historia, ao encher Iquitos dunha moralidade desmesurada que roza o terror, e que critica duramente o servizo de visitadoras.

É curioso pensar que tanto o tema da prostitución e o do fanatismo relixioso -aínda que tratados cun humor que ás veces roza a sátira- non desatasen novas críticas perversas contra ao autor. A novela disfrutou dun enorme éxito e chegou a ter dúas versións cinematográficas (unha delas en 1975 censurada polo réxime militar do Perú, iso si, e outra en 1999 ademais dunha versión teatral).

Posted on 2 Xuño, 2011, in Club Monte Alto, Libros lidos, Obras and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

%d bloggers like this: