Cinco interminables horas


Qué dicir se tes que resumir toda unha vida en cinco horas? qué, se ademais, tes que facelo a xeito de despedida, de crítica e de auto de contrición? se tes unicamente cinco horas para despedirte do home morte e facer un respaso de todos os erros agochados nunha vida compartida, se tes o tempo xusto para botar de menos e de máis, para recriminar sen interrupcións de diálogo, sen rancor nos acenos de quen escoita? son abondas ou se cadra sobran, as cinco horas, para facer este repaso, agocharse na excusa, para reinterpretar, para envorcar sentimentos e abandonar ao ser que marcha para sempre limpo de culpas?

Cinco horas son as que pasa Carmen (Menchu), velando o corpo do seu home Mario, lonxe de olladas e ouvidos indiscretos, libre para facer o repaso de todo o vivido e poñer a razón na subxectividade que filtra cada momento.

Admitía Delibes (Valladolid, 1921) que primeiro quixo que Mario fose quen contara a vida de Mario, pensador e intelectual de esquerdas na postguerra, ateo e libre, profesor e escritor, condutor de bicicleta e prófugo dos convencionalismos. Pero, prevendo os ataques da censura franquista, decidiu filtrar esta vida a través dos ollos de Carmen, muller intolerante, das dereitas de mantilla e rosario, de machismo e qué dirán, de apariencias e visitas de té co maimiño esticado.

Burlar esta censura foi a máis intelixente das medidas para burlar tamén as consabidas estruturas narrativas, ofrecéndonos unha historia in media res, que acontece na mesma noite en que se vela o cadáver do desaparecido Mario e a viúva debe despedirse, chorar e desafogarse mentres acompaña ao home pola derradeira noite que pasarán xuntos. As ditas horas comezarán sendo un revivir de historias compartidas e rematarán por ir inzándose de reproches e disconformidades, atribucións de culpa e desencanto. Dous estremos que nunca chegaron a tocarse anímicamente: el libre e frustrado por non acadar a realidade desa liberdade e máis frustrado aínda pola incomprensión familiar, ela intolerante, ríxida e subida aos tópicos de clase e bando. El escritor de utopías, ela rezadora de salmodias en latín. El querendo facer xustizas, ela mantendo a xustiza manida da caste e dos apelidos rancios, o dar cunha man e ofrecer a outra para bicar. Os dous inmersos nunha espiral desolada de incomprensión mútua e desintere polo do outro.

Un retrato, aínda hoxe, fiel das dúas Españas. Difícil de imaxinar cómo tería sido Cinco horas con Mario se Mario se contase a si mesmo.

 

Posted on 9 Maio, 2011, in Club Monte Alto, Libros lidos, Obras and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: