Manuel Guede Oliva gaña o Premio de Teatro Rafael Dieste


A obra A función do Tequila, do dramaturgo Manuel Guede Oliva, é a gañadora do Premio de Teatro Rafael Dieste, que outorga dende hai quince anos a Deputación da Coruña. O fallo fíxose público onte na sede da institución polo seu presidente, Salvador Fernández Moreda, que declarou que o traballo de Guede foi seleccionado “por unanimidade” entre 27 candidatos. O xurado do premio, integrado por Antonio Simón, Elena Luaces, Henrique Rivadulla Corcón, Manuel Manquiña, Santiago Cortegoso e Eduardo Alonso declarou, a través de Manquiña, que seleccionou A función do tequila por ser unha obra “áxil e sinxela, que propón un espazo escénico moi atractivo e un xogo entre a realidade e a ficción que pode ser moi atractiva para o espectador”. Asemade, o actor afirmou que a experiencia profesional de Manuel Guede –que dirixiu durante 15 anos o Centro Dramático Galego– “nótase, e demostra que é un factor moi importante”.
A función do tequila é unha peza baseada nun feito real, que conta a historia de María do Campo, a suposta secretaria de Castelao en Nova York, en 1938, cando este se atopaba recadando apoios para a causa republicana. Non obstante, esta muller resultará ser unha axente da CIA destinada a espiar o intelectual galeguista.
Nas Bibliotecas Municipais podense atopar unha escolma de obras deste autor:
As doce e sereno / Manuel Guede Oliva
As alegres casadas / William Shakespeare; versión de Eduardo Alonso e Manuel Guede Oliva
Calígula / Albert Camus ; [adaptación , dramaturxía e dirección, Manuel Guede Oliva
O enfermo imaxinario / Molière ; versión de Eduardo Alonso e [traducida por] Manuel Guede
Vísperas de Claudia / Manuel Guede Oliva
O colaborador / Friedrich Dürrenmatt ; [dirección de Manuel Guede Oliva ; estudio crítico, Carlos Buján].
Fonte: Xornal 

Posted on 20 Abril, 2011, in Escritores, Novas and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: