Mercedes Queixas retratará as vidas de Pereiro e Kruckenberg


A escritora Mercedes Queixas anda a ultimar dúas obras divulgativas sobre a vida e a traxectoria literaria de dous poetas moi diferentes: Lois Pereiro e María do Carme Kruckenberg. O libro sobre o autor a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas sairá publicado na editorial Laiovento a finais deste mes. Galaxia, pola súa banda, será a encargada de editar a biografía de Kruckenberg que prepara Mercedes Queixas.

O libro sobre o poeta monfortino titularase Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo, e nel, Queixas percorrerá a traxectoria do escritor. O libro inclúe unha ampla reportaxe fotográfica sobre Lois Pereiro e unha escolma que, a forma de apéndice, achega unha visión global do escritor. “Pereiro era rompedor e fresco, rompía co seu pensamento. Escollín unha escolma que amosase trazos da súa concepción poética. No apéndice hai poemas dos dous poemarios que publicou [Poesía 1981-1991 e Poesía última de amor e enfermidade], pero tamén fragmentos de Modesta proposición”, explica.

Fonte: Xornal

Posted on 15 Marzo, 2011, in Escritores, Novas and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

%d bloggers like this: