Outravolta contando historias


Retomamos as lecturas, os comentarios e os fíos condutores de todas as nosas sesións e, por ser bastante dispares os títulos escollidos para esta tempada, buscamos un tema común para aproveitar ao máximo o tempo que temos: os contos populares.

A través da oralidade, mentres se traballaba, se descansaba ou se adiaba a hora de marchar para a cama, desde moi vello, os nosos maiores contábanse e contábannos contos. Traducidos e remodelados polo tempo e as voces sucesivas, os contos de hai séculos aínda perviven entre nós e os que os nosos avós nos contaran serán, con pequenas adaptacións ao tempo presente e ás circunstancias, os que contaremos aos nosos netos.

A Carapuchiña de Charles Perrault xa existira nas tabernas, moito tempo antes de que el o publicase, e estando a medias entre conto de medo e picante, onde a nena se ispe, prenda por prenda, perante o lobo. O mesmo pasou cos demais, e con aqueles contos dos irmáns Grimm, que se basearon en experiencias orais previas.

Sen disposicións de morrer, o conto oral segue vivo e, como criatura biolóxica, adáptase ao medio. As versións modernas tratan de borrar as moralexas desfasadas e sexistas, tratando de rescatar a función primeirísima da contística popular: a educación de nenos.

A día de hoxe, son moitas as versións que se fan daqueles vellos contos de fadas clásicos. Desde unha Carapuchiña perdida por Manhattan (Carmen Martín Gaite) ou outra que lle leva a contra ao lobo e en verso (Roald Dahl) até unha Brancaneves vampírica como é a primeira versión que lemos estes días, a da autora de relatos góticos e de horror, Tanith Lee.

En Branca como a neve, vermella como o sangue (que se atopa nunha antoloxía de relatos de mulleres vampiras da editorial Valdemar), asistimos a unha renovación do conto clásico, onde a branquísima nena non se reflicte no espello da madrasta, e os ananos son sete árbores que toman vida á noite. Impecable na busca da simboloxía clásica dos contos de fadas e na súa readaptación, a historia de Bianca -moderna Brancaneves-, funciona a todos os niveis. Un conto poético, visual, sensorial, que da unha volta máis á icona da madrasta e o mito vampírico.

Posted on 3 Febreiro, 2011, in Club Monte Alto and tagged . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. xenialísimo, seguide así! son fan!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

%d bloggers like this: